Concello da Coruña

Concello da Coruña

AproximAciones 2014

Unha nova exposición que propón un achegamento á arquitectura suíza, centrada na paisaxe e no desenvolvemento sostible, en colaboración coa Embaixada de Suíza en España.

Cando:

Dende o 18/09/2014 ata o 26/10/2014

Xa rematou

Enderezo:

Museo de Belas Artes. Rúa Zalaeta 2. 15002 A Coruña

Elegancia, rigor, sobriedade e perfección técnica son algunhas das calidades asociadas de forma habitual á arquitectura suíza. Sen renunciar necesariamente a elas, é evidente que a complexidade e diversidade de situacións ás que se enfronta a arquitectura contemporánea demanda novas aproximacións, novas maneiras de avaliar a beleza e utilidade das formas.

Esta exposición itinerante pon en relación a arquitectura suíza con dous conceptos que van máis alá do obxecto construído e a súa posible perfección formal e técnica. Para iso reúne pezas procedentes de dúas mostras que chegan por primeira vez a España. Por unha banda, "Swiss Positions: 33 takes on sustainable approaches to building", presenta a través de excelentes fotografías unha visión complexa da cuestión do desenvolvemento sostible, afastada dos tópicos da arquitectura bioclimática, e, por outra, "The Swiss Touch in Landscape Arquitecture" que ofrece un percorrido pola tradición, a actualidade e o futuro da arquitectura da paisaxe no país helvético, campo de probas dalgunhas das máis interesantes investigación recentes.

Dúas visións complementarias, marcadas pola conciencia ecolóxica, que demostran unha vez máis a riqueza e capacidade de innovación da arquitectura suíza, fonte inesgotable de inspiración a nivel mundial.

Con esta exposición o Museo de Belas Artes da Coruña continúa a súa aposta por que manteñan na súa programación mostras dedicadas ás diversas tendencias da arquitectura, neste caso en colaboración coa Escola de Arquitectura da Coruña e a Embaixada de Suíza en España.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión