Concello da Coruña

Concello da Coruña

Anxeliños

Comedia escrita por Roberto Vidal Bolaño que conseguiu os principais Premios María Casares de 1997, entre eles o de mellor espectáculo.

Cando:

14/09/2013

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Enderezo:

Teatro Colón

Prezo:

Información en www.teatrocolon.es
A compañía galega Espello Cóncavo trae 'Anxeliños' ao Colón, unha comedia que describe os avatares dunha sociedade familiar dedicada ao cobro de morosos, inmersa nunha crise económica. 'Anxeliños' está dirixida por Arturo López e interpretada por Fernando Morán, Rodrigo Roel, Estíbaliz Veiga, Manu Fernández e Isabel Martínez Risco.

SINOPSE: Charli, ex-policía franquista, dirixe unha axencia de cobro de morosos. Xunto con el, Leti, a súa filla; Chema, o xenro; Tigre, vello amigo, tan fiel como inútil e Sor Anxélica, unha monxa empeñada en salvar almas á forza. Charli e os seus serán capaces de calquera cousa para salvar a axencia, mesmo pactar co diabólico gánster Damián... A compañía Espello Cóncavo é unha compañía histórica no panorama teatral galego. Naceu en 1994 co fin de levar aos escenarios un teatro comprometido coa cultura do país galego, cos seus autores e a súa realidade. As principais montaxes que puxo en escena foron, entre outras: 'Vapores', 'Bailando en verán', 'As troyanas', 'Peter Pan', 'Tres no bambán', 'Castelao sempre', 'Zardigot'...

 

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión