Concello da Coruña

Concello da Coruña

Andrés Suárez

LOCALIDADES ESGOTADAS

Cando:

09/05/2014 ás 23:00

Xa rematou

Horario:

21.30 h

Enderezo:

Coliseum

Prezo:

LOCALIDADES ESGOTADAS

Televenda:

Ataquilla.com

Andrés Suárez leva dez anos percorrendo España, guitarra na man, lanzando a súa música dende todos os escenarios posibles.

Neste tempo, este cantante e compositor de Ferrol conseguiu congregar un bo número de seguidores que se engancharon ás súas cancións, á súa impecable actitude en escena, á súa forza interpretativa. Seguidores que esperaban un disco gravado en directo como Moraima, no que Andrés Suárez percorre a súa obra máis emblemática e proporciona novas cancións. "É o mellor disco da miña vida e impresióname cada vez que o escoito", afirma rotundo Andrés Suárez. "Aínda non o podo crer e o meu público vaise sorprender, porque se descobre algo novo en cada escoita".

Nestes dez anos transcorridos dende a gravación do seu primeiro disco (De ida, 2002), Andrés Suárez colaborou con Kepa Junquera; a súa canción 'Marinero' aparece nos álbums Cantautores Burgos 2006 e Jóvenes Creadores Elche 2006; foi coproductor no álbum En el nombre del padre de Tontxu; gravou guitarras en Trapecista de Marwan; compartiu escenario con Javier Ruibal, Miguel Bosé, Ana Belén e Víctor Manuel, Pedro Guerra, María del Mar Bonet, Luis Pastor, Tontxu, Luz, Javier Álvarez, Pablo Milanés. No 2010, o produtor Carlos Narea contou con Andrés Suárez para participar na Homenaje a Antonio Vega realizada no Palacio dos Deportes de Madrid xunto a artistas como Enrique Morente, Miguel Ríos, Ketama, Manolo García, Quique González, Burning.

 

ENTRADAS: 18 euros (venda anticipada ata o 8 de maio ás 23.59 h - 15 euros)

VENDA DE ENTRADAS:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Coliseum: unicamente o día do concerto.

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión