Concello da Coruña

Concello da Coruña

Amor flexible

Comedia de rabiosa actualidade, próxima e amable, que profunda nas relacións familiares e de parella.

Cando:

Os días 27/02/2014 ás 20:30 , 28/02/2014 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Duración:

80 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

14'00, 10'00, 8'00, 6'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Coa escusa dos sete pecados capitais como eixo da estrutura falamos da idealización do amor. Da crise, e como esta afecta aos novos modelos familiares onde as nais teñen que ir vivir cos fillos. Da vida a partir dos sesenta anos e das segundas oportunidades. Dos que non se renden. Dos que buscan a felicidade. Falamos da muller galega loitadora, que vai en busca dos seus soños por lonxe que se encontren. Da maternidade. Do desexo de ser nai e da dificultade de educar os seus fillos.

E todo isto dende a perspectiva que mellor se achega ao público: o humor.

Contan neste proxecto coa colaboración dunha das mellores e máis queridas actrices do panorama galego. Unha muller cunha carreira chea de éxitos e personaxes inesquecibles. Dende a alcaldesa de Portozás de "Mareas vivas", á viúva de "A vida por diante". Estamos a falar da talentosa Mela Casal.

E como o talento é a base dos seus proxectos, Redrum Producciones completa a repartición cos que foron os dous nenos prodixio da TVG. Guillermo Carbajo, o neno de "Pratos combinados", e Tamara Canosa, a nena de "Mareas vivas"

Unha repartición de luxo para un divertido espectáculo que coida con atención ata os máis mínimos detalles escenográficos, lumínicos e musicais, creados polos mellores profesionais da escena galega.

Compañía: Redrum Producciones.

Con Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa.

Dirección: Alex Sampayo.

Venda de entradas:

Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión