Concello da Coruña

Concello da Coruña

Alex Katz. Case nada

Alex Katz é un dos precursores da arte pop. Esta exposición inclúe 22 obras, case todas de gran formato, e formúlase como un repaso á súa traxectoria.

Cando:

Dende o 14/04/2012 ata o 30/09/2012

Xa rematou

Enderezo:

Avda. de Arteijo 171, Bj. 15007 A Coruña

Alex Katz (Nova York, 1927) é considerado a miúdo como un dos precursores da arte pop. Certo é que coincide con este movemento no seu interese pola realidade cotiá. Pero faino do mesmo xeito circunstancial no que, por exemplo, coincide coa action painting no uso do gran formato. En realidade, Katz traza o seu propio camiño na gran historia da pintura norteamericana do século XX.

Un camiño que, a comezos do novo século, foi reivindicado en todo o mundo polos abandeirados dunha nova figuración pictórica. A súa obra forma parte das máis importantes coleccións artísticas de ambas as beiras do Atlántico, entre elas as do MoMA, o Whitney Museum, o Metropolitan Museum, o Centre Georges Pompidou, a Tate Gallery ou o Museo Reina Sofía.

Máis información da exposición.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión