Concello da Coruña

Concello da Coruña

AC / BD no Fórum

Do 1 ao 23 de agosto, nas instalacións do Fórum Metropolitano.

Cando:

Dende o 01/08/2012 ata o 23/08/2012

Xa rematou

EXPOSICIÓN:

Exposición dedicada á figura dos superheroes, coincidindo co 50 aniversario de Spiderman.

A exposición "TOUR DE MALLAS", punto de lectura para os amantes da novena arte, punto de encontro e referencia para os participantes na XV edición de Viñetas desde o Atlántico.

 

CONCURSO: 

Facemos un chamamento a toda a mocidade para que veña visitar a mostra e ademais se levan en préstamo 5 libros da exposición participarán automaticamente no sorteo dun lote de cómics valorado en 100 euros. O ditame do sorteo terá lugar o día 20 de agosto na propia biblioteca.

 

III FESTIVAL DE BANDA DESGHREÑAD

Non hai dous sen tres, por iso a Biblioteca Municipal Fórum volve ás andadas coa Banda Desghreñada. Que non sabes o que é? Non tes Glamour, ou? Pilla o cómic do teu autor galego favorito porque seguro que atoparás neste festival no que cómics, guionistas e ilustradores se deixan levar pola potencia da tinta e os garabatos do Rock´n Roll. O 10 de agosto, a partir das 21.00 horas e de GRATIX, desghréñate con:

Este ano contaremos co tatuador-guitarrista de "Back to 1984", Pérez e co ilustrador-baixista de "Los 22", David Buceta.

 

GRUPOS:

LOS 22:


Con moitos bolis ás súas costas, os coruñeses "Los 22" presentan na casa a súa primeira "Escena final". Un disco que vén cargado de efectos esPOPciais e saber facer. http://los22.com/ 

BACK TO 1984:

Dende A Coruña e petados de tatuaxes veñen estes punkies do Hardcore melódico. Unha posta en escena sincera agora con máis "Punk Rock Shelter".  http://www.myspace.com/basckto1984 

LAS VECCHIAS:

Con infinitas xiras estatais e europeas as súas costas, das cinzas dos madrileños ZINC veñen estes Hardcoretas con alma de Punk Rockers chamados Las Vecchias. Cun directo que é un auténtico mazazo para os oídos e un agasallo para a vista.  http://www.myspace.com/lasvecchias 

 

5º Xornadas de Anime MANGALEGO (21, 22, 23 de agosto 11 a 14 e de 16 a 20.30)

As Xornadas de Anime son un evento anual organizado pola Asociación Cultural Mangalego cuxo obxectivo é a difusión de varios aspectos da cultura xaponesa, destacando entre eles a animación.

Durante estas xornadas, poderás descubrir e profundar na animación xaponesa. Ademais realízanse diversos concursos nos que poden participar todos os asistentes e optar a premios. Cosplay (Disfrazarse dun personaxe de Anime e facer unha representación), Karaoke (Cantar cancións de introdución ou peche de Animes, tanto en xaponés como en castelán e galego) e Trivial (Diversas preguntas relacionadas co Anime e a cultura popular xaponesa).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión