Concello da Coruña

Concello da Coruña

Abraham Mateo

Xira 2014

Cando:

11/04/2014

Xa rematou

Horario:

19.30 h.

Enderezo:

Coliseum

Prezo:

Pista (s/n):  18,00 €

Tendido baixo: 30,00 €      

Bancada (s/n):  24,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Abraham Mateo naceu o 25 de agosto de 1998 en San Fernando, Cádiz, España. É irmán menor do tamén cantante Tony Mateo (n. 1994), e fillo de Antonio Mateo e Susana Chamorro.

O seu interese na música comezou dende que era moi pequeno; aos seus sete anos de idade gañou unha distinción na categoría de «Mención especial» do festival musical "Veo Veo", da fundación Teresa Rabal, e dous anos despois comezou a ter aparicións no programa televisivo "Menuda noche", onde interpretaba versións de cancións de artistas como Rocío Durcal, Alejandro Sanz, David Bisbal e Miguel Gallardo, entre outros.

No 2008 a mesma fundación Teresa Rabal recoñeceuno co premio «Revelación nacional». Compartiu escenario con artistas como Pablo Alborán, Simple Plan,The Wanted e Auryn.

En decembro do 2009, EMI Music Spain publicou o seu primeiro álbum, Abraham Mateo.

Entre 2009 e 2010 participou nas series televisivas "Días sin luz" (2009) e Raphael (2010), producidas pola cadea Antena 3. En abril do 2010 estivo nun programa especial de "Menuda noche" denominado «Gala UNICEF», onde xunto con outros nenos, interpretou un tema musical con fins caritativos para axudar especificamente a unha nena que padecía Ataxia de Friedreich. Nos seguintes anos o mozo continuou interpretando versións e subindo vídeos á súa conta persoal en Internet, e no 2012 asinou un acordo co selo Sony Music Spain, co que lanzou o seu segundo disco titulado AM, o 12 de novembro do 2013. O primeiro sinxelo, «Señorita», incrementou a súa popularidade nas redes sociais e a súa repercusión en varios países de Hispanoamérica e algúns de Europa, como Italia e Francia. Nos seus primeiros días, a canción situouse entre os cinco sinxelos máis vendidos nas listas de vendas de España, e permaneceu como unha das máis vendidas por arredor de dous meses.

O segundo sinxelo promocional, «Girlfriend», estreouse a finais de outubro do 2013, e na súa semana de debut situouse no 15° lugar da listaxe de vendas de sinxelos en España, publicado polo sitio web Elportaldemusica.es.

Na súa primeira semana de vendas, AM era o sexto álbum máis vendido en España e logrou a certificación de Disco de Ouro. En xullo do 2013 obtivo un nomeamento nos Premios Juventud, da cadea estadounidense Univisión, na categoría de «Mellor artista revelación», e en setembro do mesmo ano estivo nomeado tamén nos premios Neox Fan Awards. Un mes despois, presentouse nun concerto organizado pola compañía Coca Cola Company, no Palacio dos Deportes de Madrid.  Cabe engadir que participa no programa en liña XQEsperar. Gravou igualmente a canción «La puerta hacia el amor» da banda sonora da película de Walt Disney Animation Studios, Frozen, que aparece nos créditos finais dela. En xaneiro do 2014, o Concello de San Fernando, da súa cidade natal, ten contemplado recoñecerlle co galardón «Premio da identidade insular».

 

Entradas:

Pista (s/n):  18,00 €

Tendido baixo: 30,00 €      

Bancada (s/n):  24,00 €

Venda de entradas:

- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)

- Despacho do Coliseum: unicamente mesmo día do espectáculo (pagos en efectivo)

- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión