Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Terra queima na Biblioteca Ágora

Preséntase na Biblioteca Ágora o conto musicado A Terra queima. O espectáculo está baseado no libro-disco homónimo de Xurxo Souto e Lalo Carnota.

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas de entre 8 e 14 anos.

Cando:

05/04/2014, de 11:30 a 13:30

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 24/03/2014 ata o 04/04/2014

Horario:

11.30 h.

Duración:

2 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Inscrición previa na Biblioteca Ágora.

Organiza:

Biblioteca Ágora

A Biblioteca Ágora acollerá o sábado 5 de abril, ás 11.30 horas, a presentación do espectáculo A Terra Queima, do escritor e músico Xurxo Souto e do músico e profesor Lalo Carnota. A historia, que transcorre na cidade da Coruña, converte en protagonista a un neno, Antón, encargado de buscar o segredo para deter o quecemento global e protexer a natureza. Para iso terá que aprender a escoitar os animais, as plantas, as rochas, o mar...

A inscrición para asistir á actividade, orientada a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, farase de forma presencial na Biblioteca Ágora, a partir do 24 de marzo.

 

Máis información Programación do Libro Infantil e Xuvenil nas Bibliotecas Municipais: https://www.facebook.com/events/700403060022237/

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión