Concello da Coruña

Concello da Coruña

A miña luzada iluminaranos a todas " Das crises ás alianzas"

Exposición fotográfica

Cando:

Dende o 01/03/2014 ata o 31/03/2014

Xa rematou

Horario:

de 8.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Fórum Metropolitano

Prezo:

libre e gratuíta.

Organiza:

Implicadas no desenvolvemento

O concurso fotográfico Das crises ás alianzas para mulleres residentes en Galicia e Támil Nabu (estado indio) deu como resultado a exposición fotográfica: A miña luzada iluminaranos a todas, que recolle unicamente unha parte das obras presentadas como exemplo da calidade delas.

O obxecto do concurso foi promover unha canle de expresión para reflectir de que maneira afectan as crises de calquera tipo na vida das mulleres, tanto do Norte como do Sur, e as alianzas e prácticas que adoptan para superar estas situacións, tendo en conta que a desigualdade e a  marxinación á que nos vemos sumidas as mulleres por motivo do patriarcado dáse en todas as culturas e sociedades, xerando desigualdades en todos os ámbitos, xa que a visión das mulleres, a nosa voz e particularidades seguen sen ser consideradas.

www.implicadas.com

 

Entrada: libre e gratuíta.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión