Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña de onte

Últimos días para visitar esta exposición.

Cando:

Dende o 12/06/2014 ata o 20/07/2014

Xa rematou

Horario:

De 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas todos os días.

Enderezo:

Sala Municipal de Exposicións Salvador de Madariaga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

A través de 92 fotografías pertencentes á excelente fototeca de Alberto Martí, podemos percorrer unha Coruña en parte perdida pero que recoñecemos.

Son imaxes tomadas fundamentalmente polos fotógrafos Blanco e Ferrer. Cronoloxicamente abarcan o último terzo do século XIX e o primeiro do século XX. Un momento de gran prosperidade na nosa cidade e na que se realizaron cambios fundamentais, tanto na estrutura urbana como na forma de vivir das súas xentes.

A exposición adáptase á estrutura da sala na que se expón. Así na planta baixa articúlanse dous aspectos fundamentais, o porto que crece adaptándose a un tráfico marítimo moito maior, con barcos mecanizados, visitas de frotillas que coexisten cunha frota de pesca artesanal; xunto a iso, especialmente na outra vertente, tómanse as praias como lugar lúdico.

Na planta primeira podemos ver recunchos coruñeses en parte desaparecidos, manifestacións e desfiles, actos sociais moi variados, festas, a chegada dos primeiros aeroplanos… xunto ao cambio do espazo público, nun proceso de facer xurdir unha cidade moderna.

Hai moito encanto nesas imaxes, froito de dous mestres da fotografía. Hai nostalxia dunha forma de vida que en parte perdemos. E sen dúbida hai moito orgullo por un momento estelar.

Hai que dicir que a exposición nace cunha finalidade específica, á marxe do exercicio de mostrarnos o noso pasado. Xorde para apoiar unha das nosas entidades máis eficaces e que naceu nese período: A Cociña Económica. Xurdida hai case 130 anos para combater a necesidade, segue funcionando coa mesma finalidade pero cunha eficacia renovada. Algo profundamente noso que agora, nun momento de especial necesidade, temos a ocasión de apoiar.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión