Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Cidade dos Rapaces domingo 29 de xuño

A explanada do Parrote converterase durante dous días nun espazo de xogo, maxia, teatro, cinema, música e diversión para os máis pequenos.

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas de todas as idades.

Cando:

29/06/2014 ás 20:00

Xa rematou

Horario:

Instalacións: de 12.00 h a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h.

Enderezo:

Explanada de El Parrote .

Prezo:

Libre e gratuíta.

Organiza:

IMCE

Cunha proposta que inclúe dúas grandes instalacións de xogos para nenos e nenas de 4 anos de idade en diante (Cores de monstro, da compañía Tombs Creaticus) e para nenos e nenas de 0 a 3 anos de idade (Apicirc, da compañía Pessic de Circ); micro-cine, micro-teatro e micro-maxia nuns escenarios únicos, da man de Puck Cine Caravana, da compañía Tombs Creaticus, Sie7e, da compañía Ymedioteatro, e La petite caravanne de Adrián Conde; o mundo máxico de Charli Mag cos seus "Momentos máxicos", e a danza, os equilibrios e a contorsión da man de Shakti Olaizola con "Irakurriz".

 

Programación domingo 29 de xuño

 

Instalacións de 12.00 h a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h

- "CORES DE MONSTRO" de Tombs Creaticus

Instalación de xogos de madeira, colección ilustrada por Carles Por, artista plástico, deseñador gráfico e realizador de cinema de animación. "Cores de monstro" crea unha ambientación visual expresiva e excitante, e todos os xogos son, ao mesmo tempo, un conxunto artístico.

- "APICIRC" de Pessic de Circ

Un espazo de xogo e experimentación sensorial para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Ofrecemos unha instalación ambientada coa temática do circo e as abellas arredor de cinco domos xeodésicos para gozar en familia. Dentro de cada domo descubriremos un mundo de obxectos, marionetas e xoguetes realizados artesanalmente e con materiais nobres que nos convidan a divertirnos. Na instalación hai en todo momento dous monitores, que tamén son artistas, que sorprenden a pais e a nenos con xogos malabares e acrobacias. Un músico acompáñanos coa súa arpa.

 

Micro espazos para a imaxinación: de 12.00 a 14.00 h e de 17.00 h a 20.00 h (varios pases)

- "PUCK CINEMA CARAVANA", de Tombs Creaticus

Puck é unha caravana convertida en sala de proxección. O seu ventre é un cinema minúsculo, quizais o máis pequeno do mundo. Caben nel sete persoas.

Puck ensina películas de todas as partes do mundo buscando entre o inesgotable fondo artístico que produciu o xénero ao longo do tempo. O menú é variado pero selecto. Está dedicado especialmente ao espírito.

O obxectivo é espertar a paixón polo cinema de animación. Ou simplemente recuperar a experiencia do cinema dunha forma particular. E gozar un instante dunha pequena grande obra audiovisual.

O programa está composto por unhas doce curtas. Está ideado para satisfacer a un amplo espectro de idades. Hai películas para nenos, xuventude e tamén para adultos. As curtas teñen unha duración de 4 a 10 minutos. Aquí dentro, os espectadores recuperan o cinema, transformado nunha nova experiencia.

- "SIE7E" de Ymedioteatro

Un teatro sobre rodas. No seu interior, de pouco máis de se7e metros cadrados, tres actores e quince espectadores durante non máis de dez minutos. Un teatro especial. Sie7e é un innovador espectáculo para todos os públicos que fusiona teatro de rúa co teatro de sala. Dous espectáculos para todos os públicos que fusionan o teatro de rúa co teatro de sala. Dous espectáculos nun para un acontecemento único. Un novo teatro inaugúrase na cidade pero non é un teatro normal... Un teatro que xamais viron. Un teatro sobre rodas. No seu interior de se7e metros cadrados, grupos de quince espectadores en funcións de 10 minutos. Un detallista espazo escénico en miniatura onde caben os soños máis grandes. Sorprendentes sketches cómicos baseados na manipulación de obxectos cotiáns que cobran vida maxicamente e que nos contan as súas conmovedoras historias.

- "LA PETITE CARAVANNE" de Adrián Conde

Ambientada nos teatros de principios de 1900. Este orixinal teatro pode albergar as máis variadas representacións: maxia, monicreques, teatro, sombras chinesas... La petite caravanne é o teatro máis pequeno do mundo. 25 persoas poderán gozar nunha inesquecible actuación, única e irrepetible. Espectáculos de 12 minutos de actuación.

 

Pasacalles Obelisco - Praza de Mª Pita - Explanada Parrote: domingo 12.00 h

- PASACALLES "TAM TAM", de Maduiza Creaciones

Tam Tam é un espectáculo de rúa que combina teatro e danza en altura a ritmos de tambores e música en directo. Seis impactantes personaxes pasean pola cidade de maneira sincronizada marcados polos potentes ritmos da música. O son, a voz, o movemento, unha relación directa co público e moita enerxía que asombra as miradas de grandes e pequenos. A utilización de zancos de grande altura e un orixinal vestiario fai que sexa un espectáculo visible por un gran número de persoas.

 

Espectáculos ao aire libre: 13.30 h e 19.00 h

- "IRAKURRIZ", de Shakti Olaizola

Mergullámonos no mundo, un tanto peculiar, dunha moza. Accións e obxectos cotiáns converteranse en xogo, desafío e deleite xunto co movemento, a voz, os equilibrios, a danza e a contorsión.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión