Concello da Coruña

Concello da Coruña

A cerámica castrexa en Galicia

A Domus prensenta unha exposición que nos descobre como era a vida nos castros hai máis de 2.000 anos, a través dunha colección de cerámica atopada en xacementos galegos da Idade do Ferro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/04/2014 ata o 05/09/2014

Xa rematou

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

A cultura que define á Idade do Hierro en Galicia é o que se denominou Cultura Castrexa, nome que ten relación cun tipo de hábitat concreto: o castro. Os máis antigos coñecidos en Galicia teñen unha datación do século IX a.C, e os máis modernos chegan ata as fases iniciais do século I d.C.

Ao longo de 900 anos, os cambios culturais sufridos polas poboacións da Idade do Hierro tiveron a súa representación nos obxectos usados na vida cotiá. No rexistro arqueolóxico que caracteriza á cultura castrexa, o máis numeroso corresponde á cerámica. A través do estudo de pequenos fragmentos, o arqueólogo pode determinar formas, gusto estético, xerarquización social, xestión do lixo e, en ocasións, usos. Nos xacementos moi raras veces podemos apreciar coleccións de pezas enteiras de cerámica.

Con todo, a exposición «A cerámica castrexa en Galicia» mostra como a través do estudo de pequenos fragmentos de cerámica pódense chegar a reconstruír realidades pasadas só visibles a través do discurso arqueolóxico.

A exposición nace como o resultado do proxecto de Investigación e Recuperación da Cerámica Castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum. O seu obxectivo é a elaboración dunha colección de réplicas cerámicas castrexas completamente documentadas a nivel arqueolóxico, mantendo as referencias históricas en canto a acabados, texturas, formas e decoracións, permitindo achegarnos a unha visión máis real das pezas orixinais.

Seleccionáronse as pezas mellor conservadas, das que se coñece a forma máis completa e das que se ten maior información, incluíndo desde as comúns ata as máis decoradas, nunha mostra procedente dos xacementos castrexos que definen os parámetros temporais, territoriais e tipológicos da cerámica da Idade do Hierro en Galicia.

Entre a colección, algunhas das réplicas mostran cerámicas aparecidas durante as escavacións no Castro de Elviña e na Coruña, onde se documentaron fragmentos de cerámica castrexa. Estas cerámicas son as comprendidas entre os séculos II a.C e I d.C, e inclúen exemplos dos tipos Borneiro, Vigo e Recarea.

Entidades

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión