Concello da Coruña

Concello da Coruña

A casa de Bernarda Alba

A Compañía El Ruiseñor leva a escena cun gran respecto este clásico de Lorca, transportando o público a un mundo de represión e convencionalismos sociais e valores patriarcais onde nacer muller é o maior castigo.

Cando:

03/06/2014

Xa rematou

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón

Tras a morte do seu segundo esposo, Bernarda Alba reclúese e impón un loito rigoroso e asfixiante por oito anos, prohibíndolles ás súas cinco fillas que saian á rúa. Angustias, a primoxénita e a única filla do primeiro marido, herda unha fortuna, e está comprometida a Pepe El Romano. O mozo simultaneamente namora a Adela, a irmá menor, quen está disposta a ser a súa amante. A represión e a asfixia á que están sometidas estas mulleres convértese nunha bomba de reloxería nunha casa dominada a golpe de ditadura pola figura materna de Bernarda.

DIRECCIÓN: Susana Crespo

REPARTICIÓN: Sonsoles Alvarellos, Lidia Gómez Boga, Rosa Gallego, Rosa Martul, Carolina López, Laura López Villanueva, Irene Álvarez, Emilia Rodríguez, Diana Núñez, María Martul.

CORPO DE BAILE: Diana Núñez, Maite Vázquez, Susana Conchado, Samantha Miguez.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión