Concello da Coruña

Concello da Coruña

8º Festival Galego de Cabaré: Babel, canto de sereas

O Colectivo Femme Fatale presenta BABEL. CANTO DE SEREAS. Despois de oito anos de traxectoria a Compañía Femme Fatale dá un xiro na súa traxectoria e convértese no COLECTIVO FEMME FATALE, unha entidade artística con residencia na sala Salason de Cangas do Morrazo. Este cambio de residencia e de fundamento faise para adaptarse ao actual panorama escénico galego optando por solucións máis imaxinativas e máis colectivas.

Cando:

25/09/2014

Xa rematou

Horario:

21 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina s/n. 15003 A Coruña

O Colectivo Femme Fatale nace despois dun curso casting realizado pola Consultora Cultural TIL DIACRÍTICO en Pontevedra en maio do 2014. Contando coa dirección escénica de Nelson Quinteiro, este colectivo, que agrupa a case unha ducia de artistas con residencia na área de influencia de Pontevedra-Vigo, presenta a súa primeira obra dentro desta nova andaina, co título "Babel. Canto de sereas", neste ronsel de linguaxes anteriores de Nelson Quinteiro como "Varadas" (2008) ou "As meniñas perdidas" (2011).

En "Babel. Canto de sereas" abórdase unha reconstrución do xénero creando unha historia na que a cidade é o que simboliza o cabaré. Inspirado na estética e linguaxe de Won Kar Wai, BABEL pivota arredor da creación literaria, as perversións sexuais e o suicidio como liñas dunha historia retrofuturista nunha cidade imaxinaria chamada Babel, onde non existen as convencións sociais e as cousas móstranse tal e como son.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión