Concello da Coruña

Concello da Coruña

1891-1895 Picasso na casa

Unha mostra colectiva organizada pola plataforma Coruña Gráfica e comisariada por Manel Cráneo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 02/01/2024 ata o 31/03/2024

Xa rematou

Horario:

- Luns: pechado

- De martes a sábado

Mañás das 11.00 ás 13.30 h

Tardes: das 18.00 ás 20.00 h

- Domingos e festivos

Mañás das 12.00 ás 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo Picasso. Rúa Payo Gómez 14, Bj y 2. 15004 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta

Organiza:

Concello da Coruña

Contacto:

Teléf.: 981 189 854

Unha mostra que comprende varias microexposicións de BD, ilustración e animación inspiradas na presenza de Pablo Picasso na cidade da Coruña, durante a súa infancia, a finais do século XIX.

A cidade das pombas (BD)

Unha dramatización en banda deseñada inspirada nas vivencias vitais e as experiencias iniciáticas de Pablo Ruíz Picasso na Coruña.

Guión de Manuel López Poy e debuxos de Rubén Rial.

Anécdotas de infancia (Animación stop motion)

Proxección da mini serie de curtas de animación en ton de humor realizada por Tomás Conde e Virgina Curia (Algarabía Animación).

Ilustrando a Picasso (Ilustración)

14 profesionais da ilustración coruñesa fan un xogo de interpretación libre sobre un grupo doutras tantas obras e bosquexos realizados por Piccaso durante a súa estancia na Coruña.

1. Xosé Cobas / Alcoba

2. Iria do Castelo / Bosquexos de cans

3. Sekone / Casa de arrabalde

4. Álvaro Dorda / Bosquexo dun atraco

5. Branda / Bosquexo de escena taurina

6. Héctor Francesch / Home con barba

7. Julia Lago / Romaría

8. Javier de la Rosa /

9. Pablo Gallo / Pai de Picasso durmindo

10. Luis Yang / Home sentado

11. La chica de la cinta / O can

12. Paula Mayor / Lola cunha boneca

13. Roque Romero / Responso pola morte de Conchita

14. Marina Seoane / Pombas

15. Manel Cráneo / Retrato de Picasso da portada.

O pequeno Picasso (Dioramas)

Representación de catro escenas da infancia de Picasso na Coruña realizadas con figuras de Playmobil pola Asociación Aesclick Galicia. Destinada ás e aos máis pequenos da familia.

Selección bibliográfica

Unha pequena mostra en vitrina de libros de referencia e de banda deseñada sobre a figura de Picasso.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión