Os Museos Científicos Coruñeses e a Asociación de Amigos da Casa das Ciencias celebran o XIX Día da Ciencia na Rúa, no Parque de Santa Margarita. Unha actividade na que o alumnado e profesorado de centros escolares, así como institucións, empresas e asociacións relacionadas con actividades científicas presentarán as súas experiencias ante o público.
10/05/2014
Xa rematou
De 11 a 19 horas
Sacar a ciencia á rúa para presentar a ciencia que se fai nos centros escolares e popularizar o coñecemento científico, desmitificando a ciencia.
Presentándoa como un xogo, como algo sinxelo, fácil de entender. Por unha vez non será o profesor o condutor do coñecemento, senón que o alumnado se sinta eixo e centro da actividade desenvolvida. Os Museos Científicos Coruñeses súmanse á celebración con xornada de portas abertas e diversas actividades.
Ás 12 a Banda Municipal dará un concerto especial.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible