Concello da Coruña

Concello da Coruña

Viñetas desde o Atlántico

Durante a semana do 6 ao 12 de agosto, a cidade herculina volverase inundar de tebeos con motivo do xa tradicional evento.

Cando:

Dende o 06/08/2012 ata o 12/08/2012

Xa rematou

Enderezo:

Quiosco Alfonso. Jardines de Mendez Núñez 3, Bj. 15006 A Coruña

Unha vez máis, Viñetas desde o Atlántico tratará de reflectir a riqueza e variedade do medio, a través dun elenco de autores invitados acreditativo do excelente nivel creativo apreciable no panorama nacional e internacional contemporáneo.

Así, contaremos coa presenza do escocés Frank Quitely, un dos máis reputados debuxantes da industria norteamericana, responsable de títulos tan destacados como “We3”, “All Star Superman” ou “Flex Mentallo”. Tamén nos acompañará R.M. Guéra, historietista serbio instalado en Barcelona que puxo o seu talento ao servizo da colección “Scalped”, aclamada mestura de xénero negro, thriller e western. Como representantes da historieta nacional destacarán nomes tan ilustres como o de Rubén Pellejero, veterano autor catalán responsable de títulos tan destacados como “Las aventuras de Dieter Lumpen”, “El vals del gulag” ou o máis recente “Un verano insolente”; ou Bartolomé Seguí, debuxante mallorquín que nos últimos anos asinou títulos merecedores de prestixiosos galardóns, como “Las serpientes ciegas” ou “Historias del barrio”. Xunto a estes autores consagrados, non podían faltar novos talentos do cómic nacional, comezando por José Domingo, quen tras destacar polas súas achegas ao colectivo Polaqia e debuxar “Cuimhne”, creou a sorprendente “Aventuras de un oficinista japonés” logrou alzarse co Premio á Mellor Obra no pasado Salón Internacional do Cómic de Barcelona. Completa a lista Homs, debuxante natural de Barcelona que logrou asentarse no mercado francés grazas ao seu traballo no proxecto colectivo "La anciana que nunca jugó al tenis…", na serie "El ángelus”, ou na inminente adaptación ao cómic da exitosa triloxía literaria "Millenium".

No relativo ás exposicións, ademais das habituais mostras de orixinais centradas no traballo dos autores invitados, contaremos con outras tres: a primeira, comisariada por Michael Kompa, centrarase en Batman, un dos personaxes máis icónicos da Novena Arte, cuxa traxectoria se repasará a través dunha selección de orixinais e commissions de autores tan destacados como Neal Adams, Jim Lee, Alex Ross, Mike Mignola ou Tim Sale. Antonio Martín foi o encargado de organizar outra exposición que versa sobre “Dragon Ball”, popular manga -posteriormente adaptado en forma de anime- que, creado por Akira Toriyama, cumpre 20 anos dende a súa publicación en España. E en último lugar, os visitantes de Viñetas desde o Atlántico poderán gozar dunha nova exposición comisariada por Toni Guiral, que co título “Islas”, abordará a presenza como escenario esencial e o valor simbólico dentro do mundo da historieta destas porcións de terra rodeadas de auga.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión