Concello da Coruña

Concello da Coruña

Última tourné

Despois de tres anos de éxito nos teatros de España coas comedias musicais "El amor está en el aire" e "El amor sigue en el aire", o autor e director Félix Saboroso e Seda Producciones repiten coa mesma "troupe" de artistas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 23/01/2020 ata o 24/01/2020

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

35,00 € (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: - 25% (só en despacho de billetes))

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto en despacho de billetes debe mostrar o documento que acredita o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao recinto no que se realiza o concerto).

(Se vostede compra entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe mostrar o documento que acredita o desconto no momento de acceder ao recinto no que se celebra o concerto).

Organiza:

Servicios especializados en distribución artística SL

Cunha nova e luminosa montaxe, unha nova comedia musical. Bibiana Fernández, Alaska, Mario Vaquerizo, Manuel Bandera, Marisol Muriel, Cayetano Fernández e algún convidado sorpresa.

A principios dos anos noventa España vivía unha explosión de crecemento, a democracia consolidábase e situabámonos ante unha burbulla de modernidade e enriquecemento. Preparabamos a Expo 92 e as Olimpíadas de Barcelona. O mundo tiña postos os ollos en nós, mentres lle dabamos as costas a unha crise mundial que obviamente nos chegou tamén. Todo ese breve verniz de modernidade ocultaba unha idiosincrasia patria, chusqueira mentireira onde a picaresca e a charramangada do novo rico brillaban por todas as partes.

Este marco é o elixido para esta nova función de ton vodevilesco, no que Norberto Pinti é un director, autor e produtor que rexenta unha pequena compañía portátil de variedades que se gañan a vida polos pobos de España en xiras lustrosas e populares. Tras vinte anos de éxitos vivindo no faranduleo nómade, descobren que os xéneros que tocan empezan a desfasarse.

Comezan os noventa e España despega economicamente e mira a Europa e ao futuro. Cando se lles cae unha xira de verán, Norberto decide que deben renovarse ou morrer, o espectáculo está a cambiar, hai que facer teatro comprometido, arte de verdade, acabáronse as varietés, as vedettes. É tempo de elevarse á arte. Cando Norberto decide montar con elevadas intencións La comedia sin título de Lorca a compañía dispérsase e seguirán a Norberto só catro deles, ademais dun domador de cans con vocación de cantante folclórico, Tino Velasco.

Autor e Director: Félix Saboroso

Repartición:

Alaska é Paca Castelló

Manuel Bandera é Norberto Pinti

Bibiana Fernández é Miranda Vega

Mario Vaquerizo é Enzo Marini

Marisol Muriel é Chelo Mir

Cayetano Fernández é Tino Velasco

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes Teatro Colón: dia de función desde 1 h antes (só se hai entradas dispoñibles)

www.eventbrite.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión