Danza neoclásica
Para público en xeral
15/11/2019
Xa rematou
20.30 h
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
12,00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada)
(Se vostede compra entradas con desconto nos despachos de billetes deben mostrar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao teatro)
(Se vostede compra entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o espectáculo)
CARMEN. Maquia é unha versión contemporánea do clásico de Merimée que mantén íntegro o seu argumento. Esta obra para 13 intérpretes foi cualificada por Chicago Sun como obra mestra e é unha peza de referencia que outras compañías, como Ballet Hispánico (Nova York) ou Ballet Met (Columbus), inclúen no seu repertorio. Para crear CARMEN. Maquia reúnense tres creadores: Gustavo Ramírez na dirección e creación coreográfica, o deseñador David Delfín, nun dos seus últimos traballos para danza, e Luis Crespo como escenógrafo habitual de Titoyaya Dansa. Dúas obras de Picasso en relación á Carmen de Mérimée serven de inspiración para a escenografía minimalista e para a elegancia e sobriedade que se deixa ver no vestiario ideado por David Delfín: Carmen 1949 e Le Carmen des Carmen, de 1964. Este traballo en branco e negro está moi presente na escena e defínea de principio a fin. CARMEN. Maquia foi publicada en formato blu- ray por Naxos USA, no programa Lincoln Center at the movies, cunha gravación en vivo realizada por Ballet Hispánico en Mesa Arts Center de Arizona e dispoñible para a súa distribución a nivel mundial.
Coreografía: Gustavo Ramírez Sansano.
Dirección: Gustavo Ramírez Sansano e Verónica García Moscardó
Intérpretes: Diana Huertas Cegarra, Esaúl Llopis, Itxasai Mediavilla, Jessica Martín Koloniar, Jozsef Forro, Julia Cambra, Juliette Jean, Jure Gostincar, Marie Pastorelli, Melanie López, Melodía García, Michele Scappa e Salvador Rocher.
Venda de entradas:
Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h
Televenda: 902 044 226
Web: https://www.ticketea.com/entradas-danza-carmen-maquia-titoyaya-dansa-teatro-rosalia/
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible