Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres de ORIGAMI (7-12)

Talleres con motivo da celebración do ano dual España-Xapón realizados pola Casa Galicia Xapón. Nivel básico, o alumnado aprenderá paso a paso as pregaduras e as formas básicas que lle permitirán coñecer e gozar do mundo do "origami".

A quen vai dirixido?:

Nenos/as de 6 a 12 anos e adultos (a partir 12 anos).

Cando:

Os días 24/05/2014, 25/05/2014

Remate do prazo o xoves 22 ás 12.00 h.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 22/04/2014 ata o 22/05/2014

Horario:

SÁBADO 24 de MAIO: dous talleres

  • Taller 7) 18.00 - 19.00 h. (ADULTOS a partir de 12 anos).
  • Taller 8) 19.00 - 20.00 h. (ADULTOS a partir de 12 anos).

DOMINGO 25 de MAIO: catro talleres

  • Taller 9) 12.00 - 13.00 h. (NENOS de 6 a 12 anos).
  • Taller 10) 13.00 - 14.00 h. (NENOS de 6 a 12 anos).
  • Taller 11) 18.00 - 19.00 h. (NENOS a partir de 12 anos).
  • Taller 12) 19.00 - 20.00 h. (NENOS a partir de 12 anos).

Duración:

1 hora

Enderezo:

Sala de exposicións PALEXCO

Prezo:

Gratuítos

Requisitos:

INSCRICIÓN PREVIA (20 prazas).

Formularios de inscrición:

  • Taller 7) Sábado de18.00 - 19.00 h. (ADULTOS).
  • Taller 8) Sábado de 19.00 - 20.00 h. (ADULTOS).
  • Taller 9) Domingo de 12.00 - 13.00 h. (NENOS).
  • Taller 10) Domingo de 13.00 - 14.00 h. (NENOS).
  • Taller 11) Domingo de 18.00 - 19.00 h. (ADULTOS).
  • Taller 12) Domingo de 19.00 - 20.00 h. (NENOS).

Os menores de idade terán que presentar unha autorización paterna ou materna (descargar aquí) e a fotocopia da persoa que autoriza.

Información sobre inscricións: 981 184 294, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h. Sábados de 11.00 a 14.00 h.

Organiza:

Concellería de Cultura

O origami é unha arte xaponesa, que consiste en pregar un papel rectangular ou cadrado para obter figuras sen utilizar pegamento nin recortar. Toda unha arte, quizais sexa por iso que o origami está considerado como unha afección terapéutica, un hobbie moi educativo, que aumenta o poder de concentración, desenvolve a paciencia, a destreza manual e posibilita o equilibrio entre a percepción e a realidade. O nome desta arte provén da palabra xaponesa "Ori" que significa dobrez e da palabra "Kami" que significa papel. Pensamos que é orixinario de Xapón, en realidade, non se orixinou en Xapón senón en China arredor do século primeiro ou segundo e non foi senón ata o século sexto que chegou a Xapón levado aí polos monxes. O papel non era tan sinxelo de conseguir, o papel feito á man era accesible só á clase rica e privilexiada e por suposto á clase relixiosa polo que nun principio o origami utilizábase unicamente con fins relixiosos, e en importantes cerimonias. Pouco a pouco as diferentes técnicas de fabricación de papel lograron que o origami se fose internando nas clases menos afortunadas pero igual de creativas e hábiles na formación de figuras. Ras, estrelas, garzas, peixes, flores, barcos, avións e animais de todo tipo, así como figuras xeométricas de cores veñen á nosa mente en canto escoitamos a palabra origami.

Contido do taller: Nivel básico, o alumnado aprenderá paso a paso as pregaduras e as formas básicas que lle permitirán coñecer e gozar do mundo do "origami", realizando caixiñas, animais, flores, pezas modulares e xeométricas. Aprender a "ler" e interpretar diagramas, para logo facer moitas das innumerables formas que existen, incluso, de maior dificultade, figuras que se realizan para ser utilizadas como adorno, obsequio, souvenir, ou simple pasatempo. O origami desenvolve a creatividade, a capacidade de concentración e exercita a habilidade coas mans.

Materiais: O papel é en realidade o único material necesario, paquetes pre-cortados de diferentes tamaños do papel "kami" (papel en Xaponés), creado especialmente para origami, é un pouco máis lixeiro que o papel de copia e préstase para unha gran variedade de pregaduras, diferentes deseños e cores por un ou ambos os lados do papel.

Imparten os talleres: Chikako Miyajima e Taeko Hoshikawa da Casa Galicia Xapón.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión