Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres de caligrafía xaponesa (1-2)

Talleres con motivo da celebración do ano dual España-Xapón realizados pola Casa Galicia Xapón. Trátase de practicar os signos xaponeses con lapis ou bolígrafo e despois co pincel e a tinta especial "Sumi".

A quen vai dirixido?:

Nenos/as de 6 a 12 anos e adultos (a partir 12 anos).

Cando:

08/06/2014, de 12:00 a 18:15

Remate do prazo o xoves 5 ás 12.00 h.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 22/04/2014 ata o 05/06/2014

Horario:

Domingo 8 de xuño: dous talleres

  • Taller 1) 12.00 - 13.00 h. (ADULTOS a partir de 12 anos).
  • Taller 2) 17.00 - 18.15 h. (ADULTOS a partir de 12 anos).

Duración:

1 hora

Enderezo:

Quiosco Alfonso

Prezo:

Gratuítos.

Requisitos:

INSCRICIÓN PREVIA (10 prazas).

Formularios de inscrición:

Os menores de idade terán que presentar unha autorización paterna ou materna (descargar aquí) e a fotocopia da persoa que autoriza.

Información sobre inscricións: 981 184 294, de luns a venres de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h. Sábados de 11.00 a 14.00 h.

Organiza:

Concellería de Cultura

Caligrafía xaponesa: Hai documentación sobre a práctica da caligrafía en Xapón dende hai máis de dez séculos, e sobre todo, pódense ver as obras artísticas dos mestres da caligrafía, entre eles encóntranse algúns emperadores e escritores famosos da literatura xaponesa medieval. Na escritura xaponesa é moi importante a estética da letra, e polo tanto, os nenos xaponeses deben aprender a caligrafía cando empezan a aprender o idioma xaponés. Tamén, a caligrafía considerouse unha das afeccións máis intelectuais en Xapón, e hoxe en día, os nenos practícana como materia da educación xeral, e algúns adultos acoden a clases da caligrafía para mellorala. Conséguese concentrarse practicando a caligrafía como case un tipo de meditación. Ademais, practicar a caligrafía é fundamental para coñecer unha parte da cultura xaponesa milenaria.

Contido do taller: Practicar os signos xaponeses como o "Hiragana" (sílabas), o "Katakana" (sílabas para expresar cousas de orixe estranxeira), e o "Kanji" (ideogramas) con lapis ou bolígrafo durante uns minutos. Despois, cada participante escolle signos ou palabras traducidas en xaponés que lle gusten, ou ben o nome do participante expresado foneticamente en xaponés (Katakana), e practicar a caligrafía co pincel e a tinta especial "Sumi".

Materiais: Pinceis especiais para a caligrafía. Papeis para a caligrafía. Tinta de carbón especial "Sumi" para a caligrafía.

Imparte os talleres: Megumi Shiozawa da Casa Galicia Xapón.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión