Música e manualidades para nenos co obxectivo de gozar coa interpretación musical, das danzas e da posta en escena dunha historia. Aprender técnicas básicas de debuxo, manualidades e papiroflexia.
O taller está dirixido para nenos de entre 4 e 12 anos.
Dende o 30/07/2012 ata o 31/08/2012
Xa rematou
O prezo do taller, matrícula incluída, será de 60 € e aboarase por anticipado.
Prazas limitadas (15 alumnos: de 4 a 6 anos | 20 alumnos: de 7 e 12 anos).
O taller realizarase cun mínimo de 15 inscritos.
Débese cubrir a folla de inscrición e entregar no momento de efectuar o pago en efectivo na recepción do Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, en horario de apertura ao público e antes do 27 de xullo do 2012.
Música e Manualidades para nenos - Ficha inscrición (138 KB)
Neste taller divertirémonos representando unha historia musical e fabricando todos os materiais necesarios para iso. No tempo destinado á música, aprenderemos danzas e cancións coas que representaremos, ante o público, unha bonita historia o último día.
Estas cancións estarán acompañadas de percusión corporal e a interpretación de distintos instrumentos realizados polos propios nenos durante o tempo destinado ás manualidades.
O decorado e todos os complementos necesarios para representar debidamente a historia, tamén serán fabricados durante o taller.
Todos estes obxectos fabricados realizaranse con materiais reutilizables.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible