Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de fabricación de proxectores caseiros

Destinado a público de 10 a 15 anos

A quen vai dirixido?:

Público de 10 a 15 anos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/05/2016 ata o 29/05/2016

Xa rematou

Horario:

Sábado 28 de maio de 10 a 14 h

Domingo 29 de maio de 11.30 a 14 h

Enderezo:

Fundación Luis Seoane. Rúa San Francisco 27. 15001 A Coruña

Prezo:

10 € cota de recuperación de materiais

Farase entrega da cota ao monitor do taller antes de empezar a primeira sesión.

INSCRICIÓNS: info@fundacionluisseoane.gal

Neste taller de experimentación plástica impartido polo cineasta galego Miguel Mariño os días 28 e 29 de maio na Fundación Luis Seoane, as persoas asistentes aprenderán a construír artesanalmente un dispositivo de proxección a partir da reciclaxe de materiais cotiáns. En só tres sesións de traballo repartidas ao longo da fin de semana, cada participante construirá o seu propio proxector, que poderá levar para a casa ao finalizar o taller. Aprenderá tamén a utilizar o dispositivo permitíndolle xerar gran variedade de efectos lumínicos e calidades de imaxe.

Finalmente todos os integrantes traballarán na creación dunha obra conxunta que será representada como clausura do taller (domingo 29 de maio pola mañá) nunha sesión aberta ao público. Os alumnos terán para iso que desenvolver unha partitura/guión do espectáculo e deseñar a súa propia posta en escena. Unha “performance” creada colectivamente que funciona como elemento de cohesión do traballo individual.

Despois da experiencia acumulada na realización de diferentes intervencións performativas baseadas na proxección, Miguel Mariño presenta esta proposta de taller que combina a potenciación das calidades artísticas de cada participante e a cohesión nunha experiencia colectiva como base da creación. O taller de non é soamente unha guía de materiais e procedementos para a construción de dispositivos de proxección, senón que ademais é unha invitación á creación dunha obra colectiva que terá a súa culminación nunha performance lumínica, facendo visible o resultado do traballo realizado.

 

Máis información: www.fundacionluisseoane.gal

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión