Concello da Coruña

Concello da Coruña

Serrat&Sabina. Dos pájaros contraatacan

Preséntannos o seu disco La orquesta del Titanic.

Cando:

18/08/2012 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

18 de agosto - 22.30 horas.

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

36'00, 30'00, 42'00, 48'00 euros.

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

YMAX PRODUCCIONES S.L.

Volven estes dous paxaros a unir as súas voces, entre a lírica e o desgarro, Serrat e Sabina. Durante unha pasada xira os espectadores puideron abatelos aos dous cun só tiro, pero esta vez serán estes paxaros os que dispararán sobre as escopetas. Cada un co seu esplendor, co seu veleno. Joan Manuel Serrat conserva intacta a rebeldía moral, tenaz, comprometida duns tempos difíciles, pero sempre envolta na aura dunha dita de vivir, a favor de praceres sinxelos, a melancolía daqueles tranvías que transportaban cara ás praias os domingos a xente vencida e devolvían á cidade só derrotada polo sol, cos beizos salgados e a pel queimada. E entre tantas palabras de amor de Serrat, os berros afónicos de Sabina, ambos fundidos, e aínda que os dous crucen as súas cancións, un coa guitarra rascarase o corazón e outro o fígado.

Durante os seus concertos unha vez máis encherase o aire de novas pálidas princesas, de versos incólumes de poetas, de borrachos, macarras e prostitutas, de bares de madrugada e outras tenruras, pero estes dous paxaros voarán xuntos, coas ás cruzadas como as súas letras e melodías cara ao fondo da noite e Sabina poñerase suave e Serrat fará de canalla e non cesarán de voar ata atopar o corazón doce dos cabalos en cada un dos espectadores. Cantando a moral da derrota ou a gloria de estar vivo, de ser un heroe cotián ou un sobrevivente da propia guerra, os dous foron elixidos polos deuses, un coa voz rota, outro modulando un tambor tamén desgañitado.

Estar sempre de parte dos que perden, apuntarse ás derrotas, converter calquera caída nunha rima dura e cantala como quen lle berra á vida, ese é o asunto de Sabina cuxo primeiro obxectivo é que todo o mundo sexa feliz, que os reaccionarios deixen libres as nubes e os xergóns para que os fillos do ceo poidan voar. Se fose misioneiro bautizaría con whisky os apaches. E mentres ese milagre suceda Serrat namorará as nais e as fillas. Acosados por unha estampida de admiradores en España e Latinoamérica, Joan Manuel Serrat e Joaquín Sabina apropiáronse da mocidade máis insomne, da máis encabuxada, de todas esas mozas, qie aínda que poden ser princesas, teñen o corazón suburbano. Voan xuntos outra vez, agora coas cancións trabadas, como o lume cruzado dunha guerra conxunta contra os bárbaros de cada esquina, a favor da felicidade de cantos esperan que unha asa chegue polo aire a rescatalos para voar á mesma altura, con estes dous paxaros, Serrat e Sabina.

Manuel Vicent.

Horario: 22.30 horas

Entradas: Pista: 36'00; Tendido alto: 30'00; Tendido medio: 42'00; Tendido baixo: 48'00 euros.

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Coliseum: o mesmo día do concerto.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión