En certa medida é a historia de toda unha xeración, da xeración do 68. Insistindo na crise de valores que nos ocupa, con ironía, con retranca, pero con sinceridade.
Dende o 14/11/2014 ata o 15/11/2014
Xa rematou
21.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
7'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: 5'00 euros)
Abono 4 (1 entrada para 4 espectáculos diferentes, 24'00 euros) Só se venderán na praza de Ourense e Fórum Metropolitano
Os que naquel importante ano estaban arredor dos 20 anos e tamén, hai que dicilo, a xeración dos culpables de que agora as cousas estean como están. Por iso a historia d'A mamma é unha historia dun fracaso, pero do fracaso de toda unha xeración que deixou pasar por diante dela todas as oportunidades de rectificar.
Pero non todo é xeracional n'A mamma. Tamén está o particular, porque non hai personaxe que se prece, sen unha concentración específica. E así A mamma ten dúas fillas, que deberían ser a súa prolongación, pero, pola contra, son a súa contradición. Isto tamén é moi posible na xeración que nos ocupa, esa xeración que educou os seus fillos na abundancia e na liberdade e, agora, todo isto vólvese en contra. Fillos mal preparados para a crise e excesivamente preparados para nada.
Con Luma Gómez
Dirección: Eduardo Alonso
Autor: Lino Braxe
Compañía: Teatro do Noroeste
Duración: 75 minutos
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia: de luns a sábados, incluídos festivos, de 9.00 a 21.00 h
Despacho do Fórum Metropolitano: dende unha hora antes de cada función
Venda telefónica: 902 504 500
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible