Concello da Coruña

Concello da Coruña

S8: Jirokichi the Rat

Proxección do filme de cinema mudo xaponés, con acompañamento en directo de Benshi e Samishen.

Cando:

04/06/2014 ás 23:59

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

62 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

15'00 e 10'00 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Ese8

O cinema xaponés dende os seus inicios nunca foi mudo, sempre estivo acompañado do elemento narrativo e de música en directo.

A figura do benshi ou katsuben, foi decisiva na formación do cinema xaponés, e un exemplo máis da gran variedade das artes narrativas que ofrece a cultura xaponesa. O período chamado "cinema mudo" foi unha etapa rica en experimentación no uso das variadas técnicas sonoras herdadas da tradición oral e teatral.

A profesión de narrador segue tendo repercusión a día de hoxe en Xapón non só entre os entendidos senón tamén entre o público xeral. Unha das asociacións encargadas de protexer e promover o cinema mudo xaponés e os seus narradores, a Musei Eiga Kanshôkai, organiza mensualmente proxeccións con acompañamento Benshi.

Este evento forma parte das actividades organizadas en Galicia polo S8, 5ª Mostra de Cine Periférico, dentro do ano dual España-Xapón e conta coa colaboración da Fundación Xapón Madrid e o Concello da Coruña.

Película en branco e negro de 1931 e dirixida por Daisuke Ito.

Narrador (benshi): Sakamoto Raiko.

Acompañamento musical (shamisen): Joichi Yuasa.

Duración: 62 minutos.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión