Rozalén presenta un concerto acústico e sinxelo.
22/11/2013 ás 23:00
Xa rematou
21.30 h.
Venda anticipada: 15'00 € (carné xove, + 65 anos, desempregados: 13'00 €)
**O desconto só se aplicará na venda anticipada.
Día do concerto: 18'00 €.
A extraordinaria peculiaridade que proporciona esta actuación é a implantación da lingua de signos representada por unha ILSE (intérprete de lingua de signos) que achega a música a todas aquelas persoas xordas que por desgraza non poden gozar da música da mesma forma e de gran parte da cultura en todo o seu esplendor.
“Música para os ollos” é un proxecto musical que está a ter un grande éxito en todos os lugares onde se está representando, enchendo todos os concertos cunhas mesturas de persoas oíntes e persoas xordas que gozan dun espectáculo á mesma vez e ao mesmo tempo, facendo a música accesible para todos por igual.
O concerto tamén está preparado con lingua de signos para ser entendido noutros países, con connotacións e signos específicos da lingua de signos de cada país, que permite a posibilidade de exportar a música en español a outros países.
Entradas:
Venda anticipada: 15 euros / Venda en despacho de entradas: 18 euros (carné xove, +65 anos ou desempregados: 13 euros)
** O desconto só se aplicará na venda anticipada.
Venda de entradas:
- Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)
- Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes (pagos en efectivo).
- Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible