Concello da Coruña

Concello da Coruña

Revólver presenta Básico IV

REVOLVER sae á estrada coa súa nova xira #Básico4, disco que gravou por sorpresa en Madrid nun Teatro Price cheo ata a bandeira.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/10/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h (Pídese puntualidade. Unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala)

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

26,00 / 28,00 / 30,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida: 24,00 €) (carné xove, +65 anos, persoas desempregadas: -20%) (Familia numerosa: - 25% (só en despacho de billetes))

(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Se vostede merca entradas con desconto en despacho de billetes debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de comprar a entrada e de acceder ao teatro)

(Se vostede compra entradas con desconto a través de teléfono ou web, debe mostrar o documento que acredite o desconto no momento de acceder ao espazo no que terá lugar o concerto)

Organiza:

10D10 Solucións Acertadas SLL

Básico 4 pon o broche de ouro á celebración das vodas de prata do Básico I, aquel disco inesquecible que marcou un antes e un despois na historia da música deste país, e que coa xira 25 Años Básico Tour colgou o cartel de "non hai entradas" en cada cidade que pisou durante o 2018.

Sen dúbida, a mellor forma de coñecer o ADN de cada un dos temas que conforman a carreira de REVÓLVER, así como os seus grandes éxitos de toda a vida, e ser protagonista do encontro cara a cara e sen intermediarios con Carlos Goñi e a súa banda.

VENDA DE ENTRADAS

Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Colón: día do concerto (só se quedan entradas dispoñibles)

Televenda: 902 044 226 (luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión