Primeira grande exposición retrospectiva do arquitecto.
Dende o 24/10/2013 ata o 30/03/2014
Xa rematou
Comisariada por Francisco González de Canales da Architectural Association de Londres, unha produción propia da Fundación Barrié, organizada en colaboración co estudio de Rafael Moneo.
A exposición organízase en cinco seccións biográficas que abordan toda a súa carreira, onde se mostrarán 46 proxectos a través de 18 maquetas, entre as que se encontra a do Museo Nacional de Arte Romana (Mérida), unha das súas obras máis emblemáticas; 142 fotografías e 98 debuxos orixinais.
A selección de materiais pon especial énfase na importancia do debuxo como ferramenta fundamental da que o arquitecto se valeu para desenvolver o seu traballo e como medio para definir o seu pensamento. Acompañan aos debuxos, maquetas e fotografías do arquivo que axudan a ilustrar as obras seleccionadas. Esta é a primeira ocasión na que un conxunto tan significativo de debuxos orixinais ve a luz para mostrar o oficio e o pensamento de Rafael Moneo.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible