Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa da Sinfónica de Galicia 2014-15

Un ano máis presentamos unha temporada de concertos que fará as delicias dos afeccionados máis esixentes da Sinfónica de Galicia. Vinte e tres concertos do abono venres, dez do abono sábado, concertos en Ferrol, Santiago e Vigo, e numerosos concertos didácticos marcarán a segunda temporada, confeccionada polo noso director titular, Dima Slobodeniouk, e o xerente Andrés Lacasa.

Cando:

Dende o 26/09/2014 ata o 09/05/2015

Xa rematou

Se a temporada pasada 2013-2014 supuxo un importante aumento na asistencia ás actividades organizadas polo Consorcio na cidade da Coruña, con máis de 50.000 persoas entre os abonos sinfónicos do Palacio da Ópera e os concertos no Teatro Rosalía Castro, esta temporada xerará aínda máis ilusión. Seguiremos traballando para incrementar o número de mozos que asisten ás actividades didácticas, que se enmarcan dentro do proxecto SonFuturo e que na temporada pasada superou os 28.600 asistentes.

A Sinfónica de Galicia é unha institución que se encontra na vangarda das novas tecnoloxías e unha das poucas que presenta, a través da súa canle Youtube, un catálogo de gravacións amplo que durante o último ano obtivo máis de 291.500 visitas dende os cinco continentes. A isto hai que engadir a recente creación da aplicación gratuíta da OSG para dispositivos móbiles que permite ter toda a información, gravacións e notificacións ao alcance da man.

Destaca o regreso aos escenarios do Palacio da Ópera do gran Maurizio Pollini que, en novembro, acompañaranos xunto ao seu fillo Daniele, quen dirixirá á Sinfónica por primeira vez. Pero non é a única gran figura que colaborará coa nosa orquestra. Dous veteranos directores, Rafael Frühbeck de Burgos e Sir Neville Marriner, poñeranse á fronte da Sinfónica por primeira vez en Galicia e estarán acompañados por un elenco de grandes directores da categoría de Dennis Russell Davies, Osmo Vänskä, Michail Jurowski e Ton Koopman, con quen o noso coro demostrará o seu excelente estado de forma cantando nin máis nin menos que A Paixón segundo San Mateo BWV 244, de J.S. Bach, que se programará por primeira vez na Coruña a cargo da OSG e Coro.

Tamén colaborarán cos Sinfónica directores que, a pesar da súa mocidade, xa están a dar moito que falar no circuíto internacional como Michal Nesterowicz, Rumon Gamba, Jakub Hr?ša e o español Antonio Méndez. A Real Filharmonía de Galicia visitaranos en dúas ocasións, co seu director titular Paul Daniel e con Manuel Hernández-Silva; e contaremos coa presenza do noso querido director honorario, Víctor Pablo Pérez.

O proxecto social ReSuena xa é unha realidade e está a dar os seus primeiros froitos no Centro Cívico de Monte Alto. A música como vehículo para a cohesión social e para axudar a colectivos en risco de exclusión marca unha das prioridades do Concello da Coruña e de todas as institucións que financian o Consorcio para a Promoción da Música.

Tamén é unha realidade a Asociación de Amigos da OSG que, en apenas un ano de vida, creou un grupo de fieis seguidores e mecenas da Sinfónica. Aproveito estas liñas para agradecerlles a súa contribución desinteresada para a sostenibilidade dun dos proxectos culturais máis importantes do noso país.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión