Concello da Coruña

Concello da Coruña

Oscar rosende & great straits

O día 29 de maio de 2020 chega ao Teatro Colón da Coruña, a esperada estrea do novo proxecto do cantante e guitarrista ÓSCAR ROSENDE, alcumado "MARK KNOPFLER galego”.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/05/2020

Xa rematou

Horario:

21:00 h

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

26,00 / 28,00 / 30,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida: 24,00 €) (carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % , só no despacho de billetes)

(Todos lo que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Si vostede merca entradas con desconto no despacho de billetes debe amosar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que se celebra o concerto)

(Si vostede merca entradas con desconto a través de web, debe amosar o documento que acredita o desconto no momento do acceso ao recinto no que se celebará o concerto)

Organiza:

Lorena Ballesteros Rodríguez

O coñecido músico volve aos escenarios presentando a súa nova banda: "GREAT STRAITS".

Baixo o título " The great songs of dIRE sTRAITS", Óscar Rosende achéganos unha emocionante e coidada selección das grandes cancións do seu idolatrado artista. Acompañado por unha ampla banda de excelentes músicos, percorrerá, nunha extensa homenaxe, os 40 anos de fecunda carreira do artista escocés. Teremos a oportunidade de acompañalos nunha viaxe sonora que irá dende o comezo de dIRE sTRAITS en 1978 ata a actualidade, con algunha pequena sorpresa que recalará no traballo da carreira en solitario de Mark Knopfler.

Oscar Rosende, o "Mark Knopfler galego", despois de máis de 12 anos nos escenarios e 260 concertos que o levaron a xirar por España, Portugal, Alemaña, Luxemburgo e Francia coa súa anterior banda, iniciará con este concerto unha nova xira, presentando a súa renovada e ambiciosa produción, rodeado de grandes músicos co obxectivo de velar con respecto e agarimo, a mellor homenaxe posible a DIRE STRAITS e Mark Knopfler que se fixo ata o momento, interpretando os temas do artista británico con máis sentimento, coidado e fidelidade, ca nunca."

VENTA DE ENTRADAS

Taquilla Pza. Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13 y de 16.30 a 19.30 h

Taquilla Teatro Colón: dia da función desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)

www.eventbrite.es

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión