Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os xoves na Sagrada: COMBO DINAMO

"Combo Dinamo" é unha banda coruñesa de referencia.

Cando:

09/10/2014

Xa rematou

Horario:

19.30 h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Organiza:

Bibliotecas Municipais

Formada no 2007 tras unha ampla traxectoria de varios dos seus compoñentes en grupos da cidade. Co seu primeiro LP "Decencia y buen gusto" conseguiron 4 premios Inframundo da música coruñesa no 2008, ademais de ser finalistas no 1º Concurso de rock da Deputación da Coruña.

No 2011 editan o seu segundo disco "Quieto, muere, resucita!!!" co que gañan o Festival Noroeste Pop Rock, actuando na praia de Riazor para 10.000 persoas. Neste 2014 editaron un EP con catro cancións: temas en castelán con letras persoais, melodías e arranxos moi coidados e un ritmo que atrapa a quen escoita as súas cancións. Con temas que basculan entre o pop e o rock farannos gozar nos xoves na Sagrada.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión