Concello da Coruña

Concello da Coruña

NAJAT EL HACHMI - Libros en directo

O ciclo "Libros en directo" regresa ao Ágora coa escritora marroquí Najat El Hachmi, que conversará con Pedro Ramos da súa nova novela "A filla da estranxeira", publicada pola editorial Destino, (2015).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

29/10/2015, de 20:00 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

As orixes pesan, sábeo a protagonista de A filla estranxeira, a última novela de Najat El Hachmi (Nador, Marrocos, 1979). Pero que fas cando te sentes de dous lugares totalmente opostos? Cando as raíces marroquís da túa nai se enfrontan co teu día a día? Cando tes que vivir en dous mundos paralelos e tan diferentes?

A historia bela e intensa dunha nai e unha filla e as súas dúas maneiras de entender o mundo, que volve tratar o tema do desarraigamento, da confrontación de culturas nunha novela madura, valente e ás veces incómoda.

NOTA DA AUTORA

A novela é un espazo desde o que observar o mundo, un lugar desde o que poñer a lupa sobre os conflitos emocionais, familiares e sociais dunha moza que tenta entenderse a ela mesma e aos que a rodean. É situarse na complexidade das cousas, no matiz, na engrenaxe sofisticada que é a relación entre nai e filla; unha filla sensible pero de carácter rebelde que, ao facer seu o sufrimento da súa nai, renuncia á rebelión. É tamén un camiño iniciático no cal a protagonista toma conciencia de que é a vida, do que significa ter que renunciar a certas cousas e descubrir cal é o límite, cal é o punto no que a renuncia por amor pode volverse excesiva e perigosa para o que a acomete. Tamén é un intento desesperado por conservar as orixes cando se empeza a ter claro que se está a piques de perdelos. Unhas orixes cristalizadas nos cheiros, a cociña, os sentidos e, sobre todo, o idioma.»

NAJAT EL HACMI (1979) nace en Marrocos, cando o seu pai xa emigrara a Cataluña, e aos oito anos trasládase a vivir a Vic. É licenciada en filoloxía árabe pola Universidade de Barcelona. Escribe desde os once anos, ao principio como entretemento, pero aos poucos a escritura foise convertendo nunha vía para canalizar a inquietude de sentirse de dous sitios á vez e nunha maneira de achegar estes dous mundos aos que pertence.

En 2004 publicou o libro Eu tamén son catalá. Así mesmo, colabora como tertuliana radiofónica e publica artigos na prensa escrita. O último patriarca recibiu o Premio Ramon Llull 2008, o Prix Ulysse á primeira novela 2009 e foi finalista do Prix Méditerranée Étranger 2009; e foi traducida a numerosas linguas, como o inglés, francés, italiano, portugués, turco, romanés e árabe.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión