Concello da Coruña

Concello da Coruña

Os meus instantes para ti

Pinturas de Sara Blanco

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 09/10/2019 ata o 10/11/2019

Inauguración o mércores 9 de outubro ás 19.30 h

Xa rematou

Horario:

- Luns: pechado

- De martes a sábado

Mañás: de 11:00 a 13:30 h

Tardes: de 18:00 a 20:00 h

- Domingos e festivos

Mañás: de 12:00 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

A obra de Sara Blanco é, certamente, expresiva dunha exquisita sensibilidade e unha gran capacidade de realización. E isto, independente da idea poética que tensou a súa virtude creadora para facerse relación harmónica de volumes, de liñas, de cores..."

"Sara non establece un diálogo coa pintura, senón que dialoga en pintura. O inicio pode supoñer unha pugna, pero unha vez achado o caudal sensitivo que canaliza cada acción sobre o papel, a pintora déixase levar.

O tratamento das cores, a atmosfera, o fugaz e o perpetuo, os espazos e o tanxible, co aire que se filtra desde o interior de cada obra, derivan en interpretacións que superan o labor literal para achegarse a aqueles que resultan da prolongación do mesmo ser que os crea.

A sutileza nas cores, a importancia do sinxelo, a imaxe velada, fálannos e dialogan connosco..."

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión