A galería Monty4 inaugura o xoves 7 de abril a exposición Memoria por habitar, que recolle a obra máis recente de Lara Pintos.
Para público en xeral
Dende o 07/04/2016 ata o 20/05/2016
Xa rematou
A mostra, que continuará na galería ata o 20 de maio, contará con máis de 30 obras en diferentes formatos, na súa maioría óleo sobre táboa, pero tamén óleo e acrílico sobre lenzo e algunhas obras sobre papel.
Segundo Lara: "Memoria por habitar representa o espazo habitado como reflexo da identidade de quen o habita. A personalidade destes espazos evócase coa súa imperfección: contradicións dispositivas, estruturas fóra da beleza convencional e a elección do contido no espazo habitado como trazos dun retrato que o espectador intenta descifrar.
A conciencia de intimidade e as idades do fogar son unha representación do noso propio transcorrer, sendo polo tanto a casa un fío da nosa biografía máis íntima.
A casa natal, a que non volveremos habitar, é o xerme da memoria inicial, pasando pola intimidade dos interiores habitados e transitados na nosa vida adulta, ata chegar aos espazos deshabitados e esquecidos, onde o paso do tempo borra o seu contido, deixándonos imaxinar que historias puido albergar un edificio onde só queda unha estrutura.
Memoria por habitar é polo tanto unha ventá á intimidade que nos queda por construír, son os recordos que nos quedan por habitar.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible