MARABUNTA é tolemia. É descontrol con clase.
Todos os públicos
Para público en xeral
16/04/2016 ás 20:30
Xa rematou
20.30 h
75 min
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA EN VENDA ANTICIPADA (ata o día anterior do espectáculo ás 23:59): 6,00 euros
Un show de clown, enérxico e enerxético, catapultado pola mellor música en directo. Sketch a tempo matemático. No escenario os artistas loitan para que nada se entenda.
Cancións propias. Gags absurdos. Cabaré. Nada ten sentido e todo é posible. Ningunha orde establecida.
É o caos do pallaso. Improvisación: saír e xogar. Divertirse pase o que pase, e quen sabe o que pasará hoxe. E mañá. E pasado. Isto é a selva. Queredes rirvos? Estades convidados.
Sobre o escenario a tolemia experta dun novo clown a piques de estoupar: GUILLEM ALBÀ.
Pasen e esquézano todo. Unha nova troupe chega ás súas retinas. Desconecten os seus teléfonos móbiles e os seus cerebros. Eles son o antídoto, a pólvora, e a vitamina C. Xogo sen conservantes: en directo e en vea. Son MARABUNTA. O espectáculo total.
VENDA DE ENTRADAS
- DESPACHO CENTRAL DE BILLETES DA PRAZA DE OURENSE : de luns a venres (agás festivos)
de 9.30 a 13.00 h e de 16.30 a 19.30 h
- DESPACHO DE BILLETES DO CENTRO ÁGORA: Aberto só os días de función desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)
- TELEVENDA: 902 044 226 (luns a venres de 9 a 22 h; sábados de 14 a 22 e domingos de 16 a 21 h )
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible