Co título de Festival de Curtas Por Amor á Arte, créase unha semana cultural, na cidade herculina, con acceso libre tanto a persoas participantes, como ao público en xeral.
Dende o 14/02/2014 ata o 22/02/2014
Xa rematou
Cun obxectivo fundamental, a exposición de novos talentos, servindo como un escaparate das obras de arte que actualmente se están realizando.
O Festival realizarase do 14 ao 22 de febreiro, a entrada ás curtas será gratuíta, ata completar a capacidade.
A duración será de nove días repletos de actos culturais, nos que terán cabida diferentes disciplinas: pintura, fotografía, representacións teatrais, concertos, proxeccións das curtas que participarán no concurso. Non existe ningún tipo de interese económico.
O festival ciméntase sobre colaboracións tanto dos participantes como empresas de ámbito privado, persoas afíns, institucións públicas e locais que se converterán en sedes. A única contraprestación será a publicidade que se desprenda da propia participación.
Este ano o noso lema será: “Porque non só o Padriño ten unha boa segunda parte”
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible