Concello da Coruña

Concello da Coruña

II Festival de Curtas por amor á arte - Teatro

Dentro do ciclo Por amor á arte, teatro no auditorio do Fórum Metropolitano.

Cando:

Dende o 15/02/2014 ata o 16/02/2014

Xa rematou

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano

Prezo:

Libre ata completar capacidade.

SÁBADO 15

Teatro "A súa vida". Compañía Leda Teatro. 17.00 h.

Leda teatro presenta unha obra dedicada aos máis pequenos. Público infantil.

 

Gala de comedia (monolinguistas). 21.00 h.

Ata seis monologuistas subirán ao escenario para facer unha noite inesquecible. Pedro Brandariz, Pablo Chichas, Tito Rober, José Luís Míguez, Jose Erre e Igor Vizoso.

 

DOMINGO 16

Teatro "Pinceladas de humor". Compañía Tanxedoira. 18.30 h.

A compañía Tanxedoira bríndanos unha velada de teatro cómico. Todos os públicos.

 

Teatro "Gaiola". Compañía Ruiseñor. 19.30 h. PÚBLICO ADULTO

Gaiola conta o trastorno mental dunha muller, traumatizada, tras anos de abusos continuos, primeiro como testemuña e logo nas súas propias carnes. O segredo e a submisión da súa nai, leva a nosa protagonista a pasar a maior parte da súa infancia encerrada para evitar a ira do seu proxenitor, causando nela inseguridade e medo a enfrontarse ao mundo que a rodea.

Na súa idade adulta, espello da súa nai, atopa na súa parella a sombra negra tan temida do seu pai, entrando nun bucle de terror sen saída. A súa fraxilidade mental e trastorno de personalidade conduciraa por un camiño de vida ou morte sen retorno... "cando a integridade rompe, o mellor refuxio é o encerro voluntario".


* NON RECOMENDADA MENORES DE 14 ANOS.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión