A piques de cumprir 20 anos como grupo, Ialma presenta o seu quinto disco "Camiño de Bruxelas a Santiago".
Para público en xeral
01/05/2017
Xa rematou
20.30 h
Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
18'00, 14'00, 11'00, 8'50 € (carné xove, + 65 anos, desempregados/as: -20%)
É un grupo formado por catro vocalistas mulleres: Verónica Codesal, Natalia Codesal, Magali Menéndez e Marisol Palomo. Catro namoradas de Galicia.
Vivindo en Bruxelas, manteñen un vínculo vital con Galicia, a súa patria e principal fonte de inspiración artística.
As voces tradicionais caracteríticas das cantareiras fusiónanse con sons e melodías e arranxos máis modernos, dando cancións moi frescas e vivas, que son unha combinación intelixente para unha renovada música universal con algunhas conexións célticas.
No seu quinto traballo Camiño de Bruxelas a Santiago, nótase máis a mestura de culturas para así mostrar unha Galicia aberta, unha Galicia que vaia ao encontro de todas as culturas e todas as linguas.
A idea con este traballo é mostrar a nosa historia, cando o titulamos Camiño facemos referencia ao camiño dos cruzamentos das culturas, do encontro das diferentes tradicións e dos diferentes países. Non podemos esquecer que Bruxelas é cosmopolita, un cruzamento de culturas e nótase na maneira de cantar e nos textos.
Venda de entradas:
Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h
Despacho do Teatro Rosalía: só días de función de 16 a 20 h
Televenda: 902 044 266 e web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible