Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gala final XXII Festival Intercentros

Gala a favor das institucións ENKI e Cociña Económica

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/03/2024

As entradas poñeranse á venda o 23 de febreiro de 2024 ás 12.00 h

Xa rematou

Horario:

17.00 h

Apertura de portas 16.30 h

Enderezo:

Coliseum. Rúa Francisco Pérez Carballo 2. 15008 A Coruña

Prezo:

  • 9,00 €

CONDICIÓNS DE COMPRA

· A ENTRADA É NOMINAL. NON SE ADMITEN CAMBIOS DE ENTRADAS, NIN DA TITULARIDADE DAS MESMAS, NIN DEVOLUCIÓNS.

· NO MOMENTO DA COMPRA DAS ENTRADAS DÉBESE INDICAR O NOME, APELIDOS E DNI (NIE OU PASAPORTE) DOS ASISTENTES TAL E COMO FIGURAN NOS SEUS DNI.

· PARA PODER ACCEDER AO COLISEUM, O TITULAR DA ENTRADA DEBERÁ IDENTIFICARSE PRESENTANDO O SEU DNI XUNTO COA SÚA ENTRADA.

· NO CASO DE QUE O TITULAR DA COMPRA DAS ENTRADAS NON DISPOÑA DE TODOS OS DATOS PARA IDENTIFICAR OS SEUS ACOMPAÑANTES DEBERÁ INDICAR OS SEUS PROPIOS NAS ENTRADAS DESTINADAS AOS DITOS ACOMPAÑANTES, OBRIGÁNDOSE A ASISTIR AO EVENTO. DURANTE O ACCESO AO COLISEUM TODOS ELES DEBERÁN IDENTIFICARSE COMO INTEGRANTES DO MESMO GRUPO.

OS MENORES 16 ANOS TEÑEN QUE ASISTIR AO EVENTO ACOMPAÑADOS DUN ADULTO RESPONSABLE MAIOR DE IDADE E TRAER A CORRESPONDENTE AUTORIZACIÓN ASINADA.

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

https://festivalintercentros.org/

Organiza:

Asociación Cultural Festival Intercentros

O XXII Festival Intercentros 2024, cidade da Coruña, convídache a participar na súa anual gala solidaria o venres 15 de marzo, a partir das 17.00 h, no Coliseum, en favor de Enki e Cociña Económica. Este proxecto mira tanto a traballar en favor da inclusión social desde a mobilidade, como a axudar a coruñeses e coruñesas que están en necesidade. Os estilos que verás na gala musical e solidaria serán: directo, canción e coreografías, todo dentro dunha realización profesional. Ademais da túa entrada de colaboración, tamén recolleremos, durante toda a tarde, alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica. O Festival Intercentros é unha actividade patrocinada polo Excelentísimo Concello da Coruña. Contamos contigo!

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: Ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Coliseum: unicamente día de concerto
  • Venda no despacho de billetes central da praza de Ourense: De luns a venres (agás festivos) de 11.00 a 15.00 e de 16.30 a 19.30 h.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión