A Fundación Emalcsa e o Concello da Coruña, en colaboración coa Fundación María José Jove, Repsol, Vegalsa e Fundación Sabadell impulsan o programa Cultura Accesible e Inclusiva.
Para público en xeral
Dende o 13/11/2019 ata o 02/12/2019
Xa rematou
Concello da Coruña e Fundación Emalcsa en colaboración coa Fundación María José Jove, Repsol, Vegalsa e Fundación Sabadell.
Bases IV Convocatoira de Cultura Accesible e Inclusiva (429 KB)
O programa contempla tres fins diferentes:
Aumentar a accesibilidade a lugares físicos ou virtuais onde se ofrezan representacións ou servizos culturais tales como teatros, museos, cinemas, bibliotecas, páxinas web ou outros.
Elaboración de material e/ou desenvolvemento de programación e de actividades culturais en formatos accesibles.
Fomentar que as persoas con discapacidade poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.
A Fundación destina a estas axudas un total de 100.000 euros por convocatoria, o que eleva a 400.000 o investimento no últimos catro anos.
Desde a creación do programa Cultura Accesible e Inclusiva a Fundación Emalcsa colaborou con 149 entidades no desenvolvemento de 62 proxectos. Ata agora, 11.733 persoas resultaron beneficiarias das actividades desenvolvidas no marco do programa, que continúa con esta cuarta convocatoria.
As bases da nova convocatoria integran pequenas melloras como a posibilidade de implicar no proxecto a entidades sociais non vinculadas á discapacidade (a condición de que haxa unha asociación desta temática incluída), e outras modificacións centradas no proceso de valoración e solicitude de información.
As bases da convocatoria están dispoñibles na páxina web da Fundación Emalcsa, e o prazo para a presentación de solicitudes é do 11 de novembro ao 2 de decembro de 2019.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible