Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival de teatro Valacar

Despois de máis de 30 anos de traxectoria e un Premio Max, Teatro Valacar proponse incidir culturalmente dunha forma máis eficiente na cidade á que pertence.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 07/11/2019 ata o 30/11/2019

Xa rematou

Enderezo:

Organización Nacional de Cegos Españois - ONCE. Cantón Grande 3, Bj. 15003 A Coruña

Organiza:

ONCE

+ Información: http://www.teatrovalacar.com

Por iso presenta a segunda edición dun proxecto cultural baseado na organización do novo Festival de Teatro Valacar (FTV). O obxectivo é que o teatro, realizado por persoas cegas e con grave déficit visual, teña un escaparate privilexiado para que a cidadanía á que pertence se poida enriquecer cultural e humanamente dunha proposta teatral realizada desde outro punto de vista distinto ao normo vidente. As características especiais deste proxecto para a cidade da Coruña, ao ser protagonizado por persoas cegas ou con grave déficit visual, fai que esta proposta se converta ao mesmo tempo nunha nova alternativa cultural e teatral para a cidade (con vocación de periodicidade anual) e nunha ferramenta de convivencia e visibilidade do colectivo cego e con discapacidade visual coa sociedade á que pertencen.

O FTV desenvolverá a súa segunda edición no mes de novembro do 2019 coas actuacións do grupo de Teatro Valacar todos os xoves, venres e sábados da 2ª, 3ª, 4ª e 5ª semana de novembro nun horario de 20.30 h convertendo a sede do salón de actos da ONCE nunha Sala de Teatro Alternativa e Intermitente que complemente a oferta cultural da cidade da Coruña.

PROGRAMACIÓN FTV 2019NOVEMBRO 2019

1.- Espectáculo: Frechas do anxo do esquecemento de Sanchís Sinisterra (Premio Nacional de Teatro)

Xoves 7, venres 8 e sábado 9

Hora: 20.30 h

Lugar: Sala de Teatro Intermitente Valacar (Obelisco - Sede ONCE - Cantón Grande 3 - A Coruña)

2.- Espectáculo: Enamórate a ciegas

Xoves 14, venres 15 e sábado 16

Hora: 20.30 h

Lugar: Sala de Teatro Intermitente Valacar (Obelisco - Sede ONCE-  Cantón Grande 3 - A Coruña)

3.- Espectáculo O legado de Poe

Xoves 21, venres 22 e sábado 23. Xoves 28, venres 29 e sábado 30

Hora: 20.30 h

Lugar: Sala de Teatro Intermitente Valacar (Obelisco- Sede ONCE- Cantón Grande 3- A Coruña).

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión