Todas as liñas de actividade do proxecto Música en branco: memoria da Agra do Orzán conflúen no Centro Ágora nunha mostra que desprega e pon en valor os materiais documentais recollidos ao longo de todo o proceso.
Dende o 06/11/2013 ata o 24/11/2013
Xa rematou
É unha mostra fundamentalmente sonora, articulada arredor de caixas de cartón rotuladas polos colectivos que participaron no proxecto con palabras relevantes para a súa memoria e que conteñen no seu interior fragmentos da banda sonora do barrio que se foi construíndo ao longo dos meses –testemuños, cancións, paisaxes sonoras, etc–.
Esta arquitectura servirá de soporte tamén para outros materiais, como os rexistros videográficos do proceso e como punto de referencia para o treito final do programa de actividades.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible