Concello da Coruña

Concello da Coruña

Encontro entre directores

Da curta á longa. Borja Cobeaga charla con Paula Ortiz.

Cando:

05/10/2013

Xa rematou

Horario:

de 16 a 18 h.

Duración:

2 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Gratuíto ata completar capacidade.

Borja Cobeaga (San Sebastián, 1977) tivo a súa vocación clara, e aos 9 anos comezou a rodar curtas no xardín da súa casa, xunto aos seus compañeiros de clase. Aos 24 xa era nomeado aos Goya pola súa curtametraxe La primera vez e, tras dirixir series como “Vaya semanita” (ETB) ou realizar programas como “Gran Hermano”, entre outros, no 2005 levou o seu talento alén do charco, onde optou aos Óscar na categoría de Mellor Curtametraxe por Éramos pocos (2005). É o guionista de La máquina de bailar e o seu debut como director de longametraxe de ficción (antes codirixira Limoncello) foi grazas a Pagafantas (2009), ópera prima pola que foi nomeado aos Premios Goya na sección de Mellor Director Novel. A súa segunda película clausuraría o Festival de Cinema de Xixón en 2010, No controles, Premio do Público no Festival de Cinema de Nantes. Actualmente prepara o seu terceiro filme, Fe de erratas.

Paula Ortiz (Zaragoza, 1979). Tras licenciarse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Zaragoza, realizou un master en Guión na Universidade Autónoma de Barcelona e no 2010 doutorouse cunha tese sobre a escritura de guións cinematográficos. Non en balde a escritura parece marcar o seu camiño: “Vánseche ocorrendo historias cando les noticias, cando falas con xente ou cando les novelas”, afirma. Profesora na Universidade de San Jorge en Zaragoza, Paula Ortiz fundou a súa propia produtora, Amapola Films, xunto a Kike Moura, Raúl García e Jesús Bosqued, combinando o sabor artesán dos contadores de historias co uso innovador e vangardista das tecnoloxías dixitais. Dende Amapola dirixiu a súa ópera prima, galardoada na Seminci 2011 e nomeada aos Goya ao mellor director novel: De tu ventana a la mía, un filme protagonizado por Maribel Verdú, Leticia Dólera e Luisa Gavasa. Ortiz rodou 5 curtametraxes e actualmente prepara a súa segunda película, unha adaptación da obra de Lorca Bodas de sangre.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión