Concello da Coruña

Concello da Coruña

Desemellanza

fotografías de CALRÚS

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/12/2019 ata o 05/01/2020

Inauguración o xoves 12 decembro ás 19.30 h

Xa rematou

Horario:

 Luns: pechado

- De martes a sábado

Mañás de 11:00 a 13:30 h

Tardes: de 18:00 a 20:00 h

- Domingos e festivos

Mañás de 12:00 a 14:00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Prezo:

de balde

CALRÚS

Nado na Coruña e veciño de Santiago de Compostela, licenciado en Antropoloxía Social e Cultural.

A miña paixón pola fotografía comezou na adolescencia. Aos 15 anos caeu nas miñas mans a miña primeira cámara fotográfica, unha Kodak Instamatic 25 que aínda conservo en perfectas condicións; unha cámara moi limitada, con enfoque fixo e que só che permitía facer un único axuste. A súa calidade era moi pobre, pero para min ten moito valor.

Na "época analóxica", montei un humilde laboratorio de branco e negro nun armario encaixado, no que compartía as miñas horas libres con reveladores e fixadores, lámpadas vermellas e cubetas, en busca dunha bonita fotografía. Hoxe todo é diferente.

"O retrato é o meu xénero preferido. Captar a beleza do ser humano: esas expresións inocentes, serenas, perdidas, atentas, profundas; o brillo da mirada, esa mirada firme, viva, directa, triste, alegre; as mans, os sorrisos...

Apaixóname viaxar e coñecer outras culturas, algo que levo facendo desde hai máis de 30 anos. Gústame facer un tipo de viaxe pouco convencional e non me importa prescindir de moitas comodidades. Encántame utilizar os transportes públicos, que fan que vivas máis e mellor a realidade do lugar, que sexas testemuña de acontecementos cotiáns, que entendas e compartas moitas situacións."

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión