O próximo 8 de febreiro non quererás perder a Beret na Coruña coa súa mestura de hip hop, pop urbano e reggae.
Para público en xeral
08/02/2020
Xa rematou
21.00 h (apertura de portas: 19.30 h)
(Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)
Heredia Producciones SL
O cantante sevillano Beret é todo un fenómeno en Youtube con máis de mil millóns de reproducións. Hai catro anos que abriu a súa canle na que subía cancións propias cun micrófono barato e unhas melodías xa creadas e agora presenta o seu terceiro traballo discográfico, Ápices, co que xa esgotou en salas de toda España e chegou a ser número 1 en Latinoamérica.
Beret é o artista revelación da música urbana con Ápices, pero tamén cos seus outros traballos, Efímero e Vértigo e cunha versión do seu Lo siento no programa musical Operación Triunfo.
Comezou con temas inéditos, completamente alleos a calquera calidade audiovisual ata sacar o seu primeiro traballo en solitario Efímero e o seu segundo traballo Vértigo onde realizaría por primeira vez a creación dun formato físico.
VENDA DE LOCALIDADES
Despacho Central da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Despacho do Coliseum: aberto só días de concerto desde as 17.00 h ata o inicio do concerto (só se hai localidades dispoñibles)
Televenda: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h; sábados de 14.00 a 22.00 h; domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible