Concello da Coruña

Concello da Coruña

"CÓDIGO POSTAL 4", fotografías de Igor Calvo

Código Postal 4 propoñen un mapeado de territorios de inclusión/exclusión, unha xeografía da cidade na que os dispositivos de habitabilidade móstranse como proxección da evolución urbana.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/11/2016 ata o 30/11/2016

Xa rematou

Horario:

Martes a sábado de 10.30 h a 14.00 h e de 17.30 h a 20.00 h. Domingo e festivos de 10.30 h a 14.00 h

Enderezo:

Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panaderas 12. 15001 A Coruña

Contacto:

Tel.: 981 189 856

Imaxes compostas de fotografías documentais de fogares temporais e os planos de vivendas, infraestruturas ou rúas onde foron tomadas as fotografías, que expoñen a dualidade dentro/fóra desde varias perspectivas:


- Intimidade/extimidade: a creación de lugares efémeros de privacidade en espazos públicos remite aos corpos e ás prácticas de control no espazo urbano.


- Cidadanía/segregación: o código postal, ferramenta imprescindible de acceso á condición de habitante da cidade, expresa a privatización do espazo e a creación de exclusión.


- Espacialidade /virtualización: o fogar desmaterializado comparado co signo (o plano).


Código postal, traballo en curso iniciado en 2012, investiga o discurso realidade/ficción producido polas sociedades post-capitalistas.

Igor Calvo atopa na contorna urbana a clave e a base do seu traballo fotográfico, centrándose nos procesos de transformación do individuo/cidadán en mero obxecto de produción/consumo e na inmensa brecha entre a produción de discurso e a realidade.

Complementa a súa formación autodidacta cos talleres que realiza no Museo de BB.AA de Bilbao ou na Tate Modern de Londres. O seu salto ás exposicións realízao no ano 2009 en Madrid; entre os anos 2010-2014 é fotógrafo residente da Galería Phake. Período no que colabora no desenvolvemento de dispositivos e estratexias en exposicións expandidas.
Como membro fundador de Colectivo Komite (2010) organizou proxectos de arte colaborativa, certames fotográficos, e-zines, instalacións e traballos en vídeo; ademais de múltiples intervencións urbanas.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión