Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cinenterraza: Cult-movies ano 7

Proxeccións e coloquios con persoas invitadas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/07/2019 ata o 24/07/2019

Xa rematou

Horario:

- mércores e xoves de xullo ás 22:30 h

* Excepto o 25 de xullo que non haberá proxección

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Número de prazas:

100 persoas por pase

Prezo:

3,00 € (carné xove, +65 anos ou persoas desempregadas: 2,00 €)

* É imprescindible presentar o documento que acredite o desconto no momento de mercar a entrada.

Organiza:

Javier Trigales

Contacto:

Fórum Metropolitano

Tel.: 981 184 293

Correo: forum@coruna.es

Din que o sete é un número máxico relacionado coa sorte. Tamén é o das sete marabillas ou os sete pecados capitais. E un pouco de todo haberá este sétimo ano de CULT-MOVIES, que continuará proxectándose en 35mm e volverá gozar dunhas persoas invitadas moi heteroxéneas: cantantes como Silvia Penide ou Álvaro Dorda, cineastas e realizadores como Diana Toucedo ou Juan Lesta, dramaturgos como José Leis e guionistas como Enrique Lojo.

Eles terán que lidar cuns cantos títulos lendarios e ao mesmo de rabiosa modernidade. O tempo non existe para a arte que transcende, como ocorre con 'Os paxaros', unha das mellores películas de Hitchcock (e por extensión, da historia do cinema), ou coa extraordinaria 'A parada dos monstros', de Tod Browning, auténtico fito na sétima arte que recuperaremos en todo o seu esplendor.

Doutra banda, a modernidade do relato esténdese a unha serie de personaxes en fuga ou que non atopan o camiño á casa, como o 'Dead man' de Jim Jarmusch, a vagabunda de 'Sen teito nin lei', da xenial Agnès Varda, ou o atribulado protagonista de 'Jo, qué noche!", un kafkiano divertimento de Martin Scorsese. E por primeira vez aparece en Cinenterraza o gran François Truffaut con 'A pel suave', obra de beleza total.

Unha sétima viaxe, en definitiva, con sete paradas, sete noites cinéfilas cheas (esperemos) de boa fortuna.

Javier Trigales

VENDA DE ENTRADAS

- Venda anticipada: na conserxería do Fórum Metropolitano, de luns a xoves de (9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 20:00 h) venderase unicamente para as proxeccións da semana.

- Venda no despacho de billetes: o mesmo día media hora antes de cada proxección (se quedan localidades dispoñibles)

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión