Ciclo de artes escénicas para público familiar, de espectáculos en pequeno e mediano formato. Ciclo que conta coa colaboración de AGADIC.
Para público en xeral
Dende o 03/02/2024 ata o 06/04/2024
Xa rematou
18.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función:de venda só en despachos de billetes): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
• Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
• Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida, excepto auga.
• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados.
• Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Actuar con responsabilidade.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
3 de febreiro
"PALABRAS"
Guión: Andrea Bayer
Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer
Compañía: Baobab Teatro
Público: + 3 anos
24 febreiro
"MONSTROS"
Autoría e dramaturxia: Lucía Aldao e María Lado
Dirección: Marcos Orsi
Compañía: Producións Teatrais Excéntricas
Público: + 8 anos
16 de marzo
"SÓ"
Dirección: Arturo Cobas e Jesús Velasco
Compañía: Xampatito Pato
Público: +6 anos
6 de abril
"LA FÁBULA DE LA ARDILLA"
Autoría: Jokin Oregi & La Baldufa: Enric Blasi, Emiliano Pardo, Carles Pijuan
Dirección: Jokin Oregi
Compañía: La Baldufa
Público: +4 anos
VENDA DE ENTRADAS:
- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h
- Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de función dende 1 hora antes, coa condición de que queden entradas dispoñibles.
- Venda en liña: www.ataquilla.com
Entidades
Actividades relacionadas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible