Concello da Coruña

Concello da Coruña

Ciclo Principal: La lengua madre

De Juan José Millás.

Cando:

Os días 13/12/2013 ás 20:30 , 14/12/2013 ás 20:30

Xa rematou

Horario:

20.30 horas.

Duración:

90 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro

Prezo:

18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%).

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.

Televenda:

Ataquilla.com

Dun primo afastado noso, dicíase na familia que era amorfo. Un día estaba eu axudándolle ao meu pai a arranxar a cisterna do retrete cando se me ocorreu preguntarlle que quería dicir aquela palabra, amorfo.

Recordo que emerxeu de debaixo do retrete co pelo desordenado e dixo: "Pois unha persoa sen personalidade".

Eu quedei pensando un intre e ao final pregunteille se unha persoa sen personalidade era o mesmo que unha mesa sen mesalidade, o que non me cabía na cabeza, ou unha tixola sen tixolidade, o que tampouco me parecía posible. O meu pai volveu asomar a cara con expresión de mágoa e dixo: "Ti es idiota ou que?". Non volvín preguntarlle ningunha dúbida lingüistica, aínda que as dúbidas lingüísticas eran, xunto ás relixiosas, as que máis me torturaban. Non comprendía por exemplo, por que ao pronunciar a palabra "rata" vía dentro da miña cabeza unha rata mentres que ao pronunciar "ra" non vía media rata. Tiven unha relación moi conflitiva coa lingua nai, moi intensa tamén, pois certas dificultades de pronuncia que aínda arrastro facían que as palabras, dentro da miña boca, parecesen obxectos, máis que sons. Mastigábaas ou ensalivábaas como se fosen un doce e o certo é que para min tiñan sabor, cheiro, cor, textura. Algunhas palabras eran duras coma pedras e outras desfacíanse coma a espuma ao contacto coa lingua.

Doutro lado, deseguida advertín tamén que unha palabra podía arranxarche o día ou estragarcho porque había palabras que curaban e palabras que mataban, palabras que che facían rir, ou que che facían chorar, palabras que te adormentaban ou que che provocaban insomnio. Descubrín con asombro que as palabras dirixían a vida dos homes, xa que, lonxe de conquistalas, segundo criamos, eran elas as que nos colonizaban. En gran medida, estamos feitos, ou desfeitos, de palabras.

Desa estrañeza fronte á lingua nacería, moitos anos despois, este monólogo que trata diso, do raro que é falar ou ser falado.

Juan José Millás.

Con Juan Diego.

Dirección: Emilio Hernández.

Compañía: Pentación Espectáculos.

Funcións: 20.30 h

Entradas: 18'00, 14'00, 11'00, 8'50 euros (carné xove, + 65 anos, desempregados: -20%)

 

* VENDA DE ENTRADAS SOLTAS A PARTIR DO 6 DE SETEMBRO*

Venda de entradas:

Despacho Central, Praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.

Despacho do Teatro Rosalía: só días de función, de 12 a 14 e de 18 a 20 h.

Venda telefónica: 902 504 500.

 

VENDA DE ENTRADAS SOLTAS: dende o 6 de setembro do 2013.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión